A Exposición

Este é un proxecto que nace desde a modestia. Sen pretensión máis alá de estimular os sentidos, espertar reflexions ou se cadra provocar cambios.

Xurde das imaxes que captei, moitas veces de forma involuntaria, en viaxes e momentos que pasaron fronte a min. Non tiñan intención de estar aquí, non foron tomadas para estalo. Está é unha modesta escolma de entre moitas, e quizais non sexan as mellores, pero son as que significan algo para min.

FOTOSconLETRA son tamén textos, e nesta mostra teñen tanta importancia como as imaxes. Non buscan acompañar ou sumar senon que teñen identidade propia. Co seu caracter, cada un deles xurde espontaneo, moitas veces en trens, barcos e autobuses, en estacións e praias, a través de ventás que se abren as lembranzas recentes, a vivencias intensas.

Esta é unha proposta para "consumir con moderación", cada momento foi pensado para ser individual. Cada imaxe e cada texto, cada un conta unha historia dunha maneira diferente. Non tes que velas todas para comprender. Propóñoche algo mellor aínda, "consumeas" en pequenas doses, hoxe un cadro, mañá outro, hoxe un texto, mañá unha foto. Por iso pode non haber conexión entre as imaxes e os textos, nin entre unha foto e outra.

E se che sorprende, mellor. E se che gusta moito, mellor ainda. E se che fai sentir cousas, entón pídoche que mas contes.

Para expoñela escollín espacios o máis públicos posibles. Pensei en expoñer onde está a xente que xamais visitaría unha galería ou que atopa frias e impersoais as salas de exposicións.

Bares e tabernas, restaurantes e locais sociais. Modestamente busquei espacios nos que concurrimos xente heteroxenea, nin especialista nin especializada. Onde non me busques, senon que me atopes sen querelo. Perdón de antemán! polas molestias.













Índice de textos e fotografías

Fai click no título de cada un dos cadros para ver as imaxes e os textos:

0.- A presa (Presentación)
1.- Aos pés da montaña sagrada
2.- Chichicastenango Shopping-Center











3.- Chicken Buses
4.- Morales
5.- Normandía











6.- 139
7.- Ao revés
8.- Climate justice, now !















9.- TV
10.- Sintoo!
11.- Xente











12.- Tivemos un soño!
13.- París
14.- Historia dun río











15.- Soñamos
16.- Cumple años
17.- A praza vermella














18.- Pacaya
19.- Enterrar o medo
20.- Liberdade e libre mercado












21.- Experiencias salvaxes
22.- O tren revolucionario
23.- Subir ao máis alto










24.- Historia da historia










Cadros a venda


O proxecto FOTOSconLETRA é un proxecto que persigue xerar inquedanzas e promover cambios transmitindo sentimentos. Isto vai por diante do diñeiro.

Non pagarás por vela e podes pedirme as fotos e textos para poder imprimilos pola túa conta. Este traballo ten licencia Creative Commons, copiaa! usaa!













En cambio, podes tamén participar en FOTOSconLETRA e axudar a manter a exposición viva mercando algún dos cadros. Así, contribues a que o proxecto poda crecer con novas fotos e textos, que esté en máis sitios e os cadros se conserven mellor.

Pedir un cadro: 

Podes elixir un texto (en castelán, galego ou ambos), unha foto ou unha combinación de imaxe e texto, o que máis che guste. Me envias un mail a fotosconletra@gmail.com e eu che envio o que pidas.

Cada cadro ten un prezo fixo de 35€ (gastos de envio incluidos) nun tamaño de 60x30 centímetros aproximadamente (depende do formato da fotografía). Pero podo adaptala a medida que queiras.

O mellor é que me escribas a fotosconletra@gmail.com e o vemos.















O material:

As imaxes están impresas en papel fotográfico, en cor e sen brillo. Sobre un soporte moi lixeiro (cartón pluma) con un grosor de 10 mm. É resistente e non dobla xa que conta con unha lámina de aluminio polo medio.

Cólgase con un cáncamo que leva na parte traseira, pero por ser moi lixeiro pódese pegar a calquera superficie con "cinta adhesiva" dobre cara por exemplo.

Condicións e envío: 

Se queres que che envie o pedido por correo os gastos de envio están incluidos. O envio o fago por "paquete azul" de "Correos" e tarda un máximo de 7 días en chegar a calquera punto do estado. Ao estranxeiro tardará algo máis e terá un custe extra de entre 5 e 15 € dependendo o continente.

Cada cadro custa 35€, pero ten en conta que a impresión a un tamaño de 60x30 ronda os 20€ na imprenta.

Este diñeiro reenvírtese en mellorar e facer crecer con novas imaxes e textos o propio proxecto.

Escríbeme a fotosconletra@gmail.com