Eu creo, ti creas, nos creamos !! do verbo "crear"


O Obradoiro de foto creativa quere dar continuidade aos coñecementos que xa tes de fotografía e amplialos. Traballar a mensaxe, as ideas e a creatividade para conseguir imaxes únicas e orixinais, puntos de vista personais e relatos novos da realidade que nos rodea.

Quero que traballemos de forma temática os "retratos", a "fotografía urbana e de viaxes", a de "longa exposición", "paisaxes", "deportiva" e tamén a de "naturalezas mortas"... para aprender a fotografiar esos detalles da vida cotiá e sacarlle o máximo partido ao teu equipo.

Propóñote espertar o fotógrafo que temos dentro de cada un de nós, mobilizar a túa creatividade para mellorar as túas fotografías e enchelas de dinamismo e emocions.

Poremos en práctica regras e técnicas específicas de fotografía, plantexándo retos e exercicios entre cada sesión e compartindoo todo o noso traballo nun espazo on-line.

Todo durante 15h, 5 sesións presenciais de 3 horas en grupos reducidos
 
"Co bo ambiente de todos os meus cursos"

Mellora as túas fotos urbanas, fai retratos íntimos e síntete a gusto co trípode facendo panorámicas ou creando imaxes de longa exposición. Fotografía as tuas manualidades, o que cociñas ou o deporte que practicas...

APÚNTATE XA !!

Para inscribirte so tes que enviarme un mail co teu nombre completo e teléfono a victor.barro@fotosconletra.com
 
Será en Pontevedra os martes e xoves: 17, 19, 24 e 26 de novembro de 2015 no Pazo da Cultura de Pontevedra. 

Prezo: 45 € (40 € para desempregados e estudantes)

O programa completo neste enlace.

Mira o que pensan os que xa fixeron o obradorio.