Retoca as túas fotos con Lightroom, en Santiago


A creación de imaxes reveladoras, impactantes e capaces de emocionarnos constrúense hoxe en día tanto na cámara como no laboratorio fotográfico do noso ordenador.

Tanto é así que casi tan ampla é a capacidade creativa que se pode despregar no momento da toma fotográfica como no momento do revelado dixital.

Adobe Lightroom é un programa profesional pensado para fotógrafos que che permite controlar todo o fluxo de traballo: Dende a descarga, o revelado e a organización das túas imaxes.

Neste taller práctico propóñote perderlle o medo e aprender a utilizar algunhas das súas potentes posibilidade. Practicar con exemplos e proporte exercicios para de forma personalizada e dinámica conseguir manexar os elementos máis importantes do programa de Adobe con fluidez.

Descarga o programa do curso

E todo, co bo ambiente que sempre creamos.

Será os sábados 21 e 28 de novembro do Centro Sociocultural de Conxo, en Santiago de Compostela.

En horario de 10 a 14h.

Ten un custe de 30 € e podes inscribirte dende hoxe enviando o teu nome, mail e teléfono a victor.barro@fotosconletra.com