Queres dominar a cámara fotográfica?

Comezamos este xoves día 12 e despois será os luns e mércores 16, 18, 23 e 25 de novembro.
No Pavillón 1 do Campus Universitario de Ourenes. 
En horario de 18 a 21h.
Solo por 50 €

  INSCRÍBETE XA   enviando o teu nome, mail e teléfono a victor.barro@fotosconletra.com

  OBRADOIRO DE INICIACIÓN A FOTOGRAFÍA DIXITAL  
 
O Obradoiro de iniciación a fotografía dixital propón dominar a cámara en 15h de práctica fotográfica durante 5 sesións presenciais.

Trátase dun achegamento a fotografía, destinado a xente sen coñecementos previos ou moi básicos, con calquera tipo de equipo fotográfico pero con moita ilusión e ganas de aprender.

Entender conceptos como a apertura ou o tempo de exposición so é útil se con iso consigo mellorar as miñas imaxes. Facelas como as das revistas, como as dos blogs que me gusta consultar.

Por iso a proposta é teoría e moita práctica. Con saídas e exercicios e a posibilidade de participar na comunidade, a través de internet, en grupos de fotógrafos dos que poder inspirarse e mellorar no futuro.

    Propóñote:

- Aprender e aplicar os conceptos básicos da fotografía. A luz e a composición para crear mellores imaxes, cautivadoras e cheas de mensaxe.
- Entender a túa cámara e chegar a dominala dende 0.
- Controlar o proceso: dende a fotografía, descarga, edición e uso da imaxen. Aprender a seleccionar, correxir e utilizar as túas fotos nas redes sociais ou no teu entorno de forma sinxela.

E todo, co bo ambiente que sempre creamos.
Podes consultar a información xeral e o programa do OBRADOIRO DE INICIACIÓN aquí.