Pura montaña en Ecrins


Porqué o frio ou a fame ? Porqué soportar o cansancio ? Para qué subir alí arriba ? Somos se cadra soamente coleccionistas de cimas ? Porqué asumir os riscos de pendurarse dun fio no valeiro ? Que hai nas crestas e nas cimas nas que buscamos o límite ? Porque a montaña é o sitio onde nos sentimos libres?

O martes 26 de novembro, no auditorio municipal de Ourense as 20.30h comeza a XV semana audiovisual do Club Alpino Ourensan.

Neste primeiro día, Ernesto Fernandez, Alfonso González e eu mesmo presentaremos a nosa experiencia nun dos macizos europeos máis descoñecidos e auténticos. Pura montaña en Ecrins.

A ascensión a agulla Dibona ou a escalada no glaciar negro. A cresta cimera da mítica cumbre da Barre des Ecrins ou a arista sur da Rateau.

Pero sobre todo, unha historia de amizade e de superación alí "onde a montaña nos fai libres".

Todo o programa das xornadas audiovisuais.