Explosión de cores na Ribeira Sacra, ven a velo !!


MOSTEIROS E NATUREZA HUMANIZADA Sábado 23 de novembro

Propomos realizar unha visita guiada ó mosteiro de Santa Cristina, percorrer San Paio de Abeleda e facer sendeirismo polos espectaculares canón do Sil e do Mao.

Practicaremos  fotografía de paisaxe e patrimonial no mellor entorno e aprenderemos a aplicar e profundizar nas reglas de composición e iluminación máis importantes.

ESENCIAS: VITICULTURA HEROICA Domingo 24 de novembro

Recorreremos viñedos polos socalcos da Ribeira Sacra no entorno de Doade en pleno explendor do Outono. Onde se practica a viticultura heroica. Remataremos cunha visita guiada ao riquísimo patrimonio de Castro Caldelas. 

Descubriremos a fotografía de paisaxe nos viñedos tinguidos das mil cores do outono e capturaremos algunhas das mellores imaxes da arquitetura románica da Ribeira Sacra.

Condicións xerais:

Traete cámara e trípode se tes, por suposto, o desprazamento dende o punto de encontro, visitas patrimoniais guiadas e formación fotográfica vai da nosa conta.
 
Os horarios son relativamente flexibles en función das necesidades do grupo e sobre todo para a xente que ven de lonxe, pero queremos comezar sobre as 9h (vémonos no punto de encontro que se establece cada día).

O regreso a Ourense comezaría xa entrada a noite de Outono, sobre as 21h.

Cada día por separado son 40 € por persoa
Quédate con nos en réxime de media pensión no albergue rural "A fábrica da luz". Todo por 100 € por persoa

Grupos reducidos (6-10 persoas)

INCRÍBETE e INFÓRMATE en: 
victor.barro@fotosconletra.com o en info@ambulare.es


Foto-roteiros culturais ?

Os roteiros patrimoniais son unha actividade fotográfica que pretende achegar aos participantes elementos senlleiros do noso patrimonio natural e cultural. Aprender a valoralos a través do descubrimento, o coñecemento e a interpretación. Todo isto a través do visor dunha cámara fotográfica e da man de profesionais do patrimonio cultural e natural. 

Entendemos a conservación da natureza e da cultura tradicional na Ribeira Sacra como algo integral que é preciso poñer en valor a través do seu coñecemento profundo, ao paso do camiñante e retratando os valores únicos desta terra grazas a fotografía. 

O Outono Fotográfico supón un marco ideal para promover actividades duais fotográfico - culturais na zona da Ribeira Sacra, que permitan achegar á poboación galega interesada pola fotografía unha forma orixinal e única de aprender e descubrir o noso rico patrimonio natural e cultural.


Organizan: