Borneo, illa habitada

O vindeiro martes, no marco das Xornadas Audiovisuais do Clube Alpino Manzaneda de Ourense preséntase "Borneo, illa habitada".

Un percorrido polo paraiso. Desde a ascensión ao monte Kinabalu de 4.095 m até o parque nacional de Bako, pasando pola reserva de Orangutans de Semenggoh.

Unha viaxe na que convivimos con varios asentamentos de pobos indíxenas das etnias Iban e Penan.

O martes presento a nosa experiencia cos Penan, un pobo que loita dende hai 30 anos por manter intactos os seu territorios ancentrais opoñéndose ao goberno malaio e a industria madereira e da palma aceiteira.

Esta é unha aproximación ao máis salvaxe de Borneo e aos intereses que fan deste lugar, un dos máis ameazados do planeta. Unha realidade que pode tornar, máis non tornará soa.

A proxección e conversa será no Auditorio Municipal de Ourense as 20.30h o vindeiro martes 22 de novembro de 2011.

Parte do material será colgado neste blog o vindeiro mércores para que a xente que non poida vir, poida, en parte, desfrutar desta viaxe.