Día mundial contra el hambre

Nun muro, a entrada da universidade de Leon había unha pintada hai xa 10 ou 12 anos que dicía:
"Se puede, y de debe acabar con el hambre".

Nos tempos da amnesia inducida, a fame semella ser como un dogma incorrompible, como unha realidade incuestionable. En tempos nos que a humanidade produce alimentos en cantidade suficiente para dar de comer case ó dobre da súa poboación hai xente que morre de fame, porque hai xente que morre de indixestión.

Hai quen decide o que custan os alimentos aquí e alá, persoas que se enriquecen e especulan coa terra fertil dos países do sur, estados canallas que non pagan un prezo xusto polos seus alimentos, cidadáns canallas que os poñen nos seus gobernos, empresas canallas que especulan cos prezos, dirixentes canallas que prefiren ter coches que funcionan con cereais... cidadans canallas que sin pensalo fan, que "o corno de África" sexa en realidade "ao corno con África".

Nos tempos nos que mirar par outro lado é deporte nacional, ou mellor, nos que mirar para o deporte nacional evítanos mirarnos a nos mesmos, a realidade da fame golpea unha e outra vez na porta das conciencias. Nos tempos nos que o dereito a soñar foi liberado e agora sair a rúa é reclamar democracia, traballo e dignidade, quizáis a proposta programática dos que estamos indignados debera incluir, como aquel lema atemporal de Gloria Fuertes: "pan para os que fan pan, e viño para os que fan viño".

Cada día morren de fame preto de 25.000 persoas, a un ritmo de exterminio semellante ao da segunda guerra mundial. Sobre todo labregos e pequenos produtores. O holocausto da fame non foi reclamado por ninguen nin en ningures. Non é xulgado por ningún tribunal, e ninguén está sentado no banquiño dos acusados. E é que o auténtico drama, a verdadeira vergoña non é o feito en si da fame, senón o feito de coñecer a solución e non facer NADA, máis que "mirar para outro lado".

"No queremos que nos echen una mano, sino que nos la quiten de encima."
Rigoberta Menchú, lider indígena, activista y militante guatemalteca por los derechos humanos y contra el hambre, entre otras muchas cosas.