Obradoiro de foto en Vigo

Comezamos o vindeiro 19 de OUTUBRO en Vigo.



http://fotosconletra.blogs​ pot.com/p/oobradoiro.html

Escribídeme a fotosconletra@gmail.com e vos envio toda a información sobre obxectivos, metodoloxía e contidos. En calquera caso vos fago un resumo.

RESUMO:

Plantexamos 3 obxectivos básicos coa actividade:

- Dominar a cámara. Seguro que algúns de vos xa sabedes todo ou case todo das vosas cámara. Pero non se trata de dar unha clase teórica acelerada, senon de dominala facendo "click", "click", "click" unha e outra vez.
- Converternos en persoas máis creativas: Fomentar o sentido estético, cultivar o "ollo fotográfico" e aprender algúns trucos para mellorar rápidamente as nosas imaxes.
- Crear un espacio no que poder aprender xuntas-os. Máis alá do Obradoiro (a través do grupo de Flickr por exemplo, quedadas, saídas fotográficas, etc...). Ver fotos de outras persoas, e someter as nosas aos ollos dos demáis. Criticar e recibir as críticas, así aprenderemos e creceremos como fotógrafas-os.

Metodoloxía:

- Queremos que sexa o máis práctivo posible, a teoria xusta e despois facer click, click, click !!! todo o tempo...
- É unha actividade de 15h. En 5 sesións presenciais de 3h cada unha só un día a semana.
- Así temos tempo entre sesións e enviamos unha asignación para ver o voso traballo persoal.
- Subimos as fotos a un grupo que crearemos na web de "Flickr" só para o obradoiro. Alí comentamos e criticamos (en positivo) todas as fotos.

Faremos foto de retrato, urbana, nocturna, paisaxe e still life, e por suposto tamén algo de edición.

E pasarémolo xenial !! Garantido ; )

DATAS:
Mércores 19, 29 de outubro 2011
Mércores 2,9 e 16 de novembro 2011

HORARIO:
18-21h

LUGAR:
Asociación Vecinal Cultural y Deportiva de Lavadores,
Avenida Ramón Nieto, 30, 36205 VIGO
http://www.avlavadores.org/spa/portada.php


MÁIS:
A actividade custa 50€ por persoa.

Inscrición e información a través do correo electrónico:

fotosconletra@gmail.com ou no teléfono 659655734.
(enviando o voso nome completo e teléfono de contacto)

Ou coñecedes a alguén que poda estalo, reenviade a información !!