Desínchase o 15M?

<<As elecións do 22M fan un estoque mortal as movilizacións do 15M>>. 
<<O 15M fracasa !>>

Un titular é ficticio, o outro non.

Un movemento que ignora as eleccións no pode ter fracasado sexan cales sexan os resultados electorais, como algúns medios escriben hoxe. Onte mesmo, na asamblea, decidiuse non dar cobertura aos resultados electorales. E a xuntanza, que se alongou até preto das 22h non facilitou información sobre os resultados as asistentes. Esta decisión, tomada prácticamente por unanimidade reflexa canto menos duas cousas:
Democracia_Real_Xa_Ourense

- Por unha banda o descontento cos procesos democráticos oficiais existentes na actualidade via "indiferencia".

- Por outra, que estamos para traballar a prol de cambios cara unha democracia 2.0 (por así dicilo). Unha forma de participación cidadá que vai moito máis alá do que pasou onte. E que comeza, se cadra, hoxe mesmo, e que se exerce cada un dos días do ano. Lonxe de ser unha fórmula restrinxida e "capada". Circunscrita a elección do máximo dirixente, aspiramos a un control das decisións públicas, a un sometimento do poder económico por debaixo do político e a unha institucións ao servicio da ciadadanía.

O éxito ou fracaso do movemento non é un punto de chegada, senon un camiño que percorrer. Comezamos a vencer cando decidimos indignarnos e sair a rúa a manifestalo. O 15M non é un fin en si mesmo, e se ven por agora non ten claro o que quere ser, si ten claro o que non quere ser. Este descontento, máis alá de posicións partidistas constitue o primeiro síntoma de recuperación da outra crise a que nos avocou o sindical ismo clientelista, o partidismo autocomplaciente e o capitalismo interesado.

Vólvense a enganar os que obstinada e interesadamente confunden a saúde do movemento 15M co número de participantes nas asambleas. Unha cousa é a masa, e outra a levadura...

Aspiramos a ser cantos máis mellor, pero sobre todo, aspiramos a aprender "educación para a cidadanía"... case sen querelo, este é o espello no que algúns medios están a sentir medo... porque algo se move no "status quo".