Da indignación a Rebeldía

Democracia_real_xa
A estas alturas case todo o mundo ten claro que o movemento continuará tralas eleccións. Se non é un movemento destinado a enfrontar cuestións coiunturais como un proceso electoral, ainda que se ten aproveitado oportunamente da visibilización pública que este lle outorga, o 15M non semella ser un espacio de reflexión política destinado a morrer mañá.

En calquera caso, e suceda o que suceda, xa podemos tirar varias conclusións valiosas das mobilizacións dos últimos días:

- Chegará, trala tormenta, un momento de frustración polas reivindicacións non escoitadas. Nese instante, organizacións sociais deben beber da enerxía que toda esta xente terá ganas de canalizar no longo prazo, afrontando a auténtica carreira de fondo que supón transformar a realidade de forma estructural ou incluso construila.

- Estamos nunha praza, cidadáns aos que non se lles coñecía orientación nin militancia concreta, e que collen o megáfono e non para falar de futbol, nin para bramar nos bares ou na sobremesa de casa, seno para falar de política. Isto constitue un xiro copernicano en si mesmo a visión dominante dunha masa de cidadáns resignados e pasivos. É un xermolo que quedou nos que vivimos este levantarse da xente, do que falaremos no futuro durante moito tempo. Probablemente do que quede grabado para sempre nos libros de historia, porque a verdadeira historia, xa se está escribindo, e non compre esperar máis

- Visibilízase de forma tanxible un descontento estructural co modelo socio-económico, unha denuncia a crise democrática das institucións españolas e Europeas e unha indignación que comeza a trocar en rebeldía. Non está claro o revolucionario das medidas plantexadas por este proceso que se autodefine revolucionario. Eu dubido que deixe contentos aos que máis esperanzas teñen postas en reformas de calado. Pero é un movemento plural, fresco e con unha gran capacidade de mobilización.

Recoñezo que os medios de comunicación masivos contribuiron sobremaneira a que a pólvora da "Democracia real xa" chegara a xente e est as mobilizara. Pero non deixa pola mesma banda de resultar estrano que quenes sirben fielmente aos poderes económicos deste país se erixiran en principales artífices da permeabilidade que este suceso tivo na opinión pública española. Quizais compre non atribuir a ironía esta cuestión e andar cos ollos ben abertos a reación dos medios maioritarios nos vindeiros días.

Critícaselle que non é maioritario, e certo é cando menos cuantitativamente na rúa. Pero sosteño duas ideas:

- Unha cousa é acudir a unha manifestación a suxeitar unha pancarta de outros, e outra moi diferente acudir a unha asamblea a falar e escoitar, a propoñer e participar como suxeito activo do cambio. Esta segunda opción necesariamente atrae un número menor de persoas.

- Aos obsesionados do tamaño direilles, que é o uso que se fai da nosa acción política a que xera cambios, pasando a un segundo plano o aspecto cuantitativo do mesmo. Non quero soster que sexa irrelevante, pero penso que para facer un bo pan, non se precisa ser moita fariña, senon ter boa levadura.

Descoñezo cal será o suceso deste movemento masivo, e non son francamente moi optimista en canto ao éxito das medidas propostas de caractes estructural, pero algo está claro, estamos cambiando a sociedade na que vivimos Xa!, e isto é algo que a sociedade española precisaba e estaba agardando. Ignoralo ou non sumarse supón perder unha grande oportunidade para pasar a acción.Quizais irrepetible nos vindeiros quince ou vinte anos.

Go Spanish Revolution, go !!