Máis alá do click, mellora as túas fotos con Lightroom



A creación de imaxes reveladoras, impactantes e capaces de emocionarnos constrúense hoxe en día tanto na cámara como no laboratorio fotográfico do noso ordenador. Tanto é así que casi tan ampla é a capacidade creativa que se pode despregar no momento da toma fotográfica como no momento do revelado e retoque de esa imaxe.

Lightroom é un dos programas máis completos e un dos máis populares entre fotógrafos. Polo seu intuitivo funcionamento, a súa velocidade e grandes posibilidades e calidade a hora da edición e retoque de fotografías. Lightroom satisfará a meirande parte das túas necesidades de retoque e edición.

Dito isto, neste curso práctico propóñote aprender a utilizar Adobe Lightroom. Practicar con exemplos e proporte exercicios para de forma personalizada e dinámica conseguir manexar os elementos máis importantes do programa de Adobe con fluidez.

No curso de retoque fotográfico te plantexo controlar o “fluxo de traballo”, dende a importación das fotografías ao ordenador, o seu revelado dixital, organización e firma, até o momento de compartilas en redes sociais ou imprimilas.

Un mundo de posibilidades para mellorar as túas fotos con Lightroom.

DATOS PRÁCTICOS

20-21-22 de decembro
De 19 a 22h
Duración: 9 horas
Campus Universitario - Pavellón 1, aula S.1.
Prezo: 40 € (5 plazas a 20 € para membros da comunidade universitaria)

+INFO e INSCRICIÓN
Envia un e-mail co teu número de teléfono e nome completo a victor.barro@fotosconletra.com