Fotografía dende "CERO" en Compostela

Un ano máis, chega o "Outono Fotográfico" a Compostela coa proposta do OBRADOIRO DE INICIACIÓN A FOTOGRAFÍA DIXITAL no Centro Sociocultural de Pontepedriña.

En dous horarios distintos, para non ter excusa.

6-13-20 e 27 de novembro. Un total de 12h divididas en 4 sesións.
En horario de mañá de 10.30 a 13.30h
E en horario de tarde de 17 a 20h

No Centro Sociocultural de Pontepedriña (Rúa Amor Ruibal 26 baixo)
Prezo: 35 €

Aquí podes descargarte o programa.

Para INSCRIBIRTE non tes máis que enviarme un mail, co teu nome completo e o teléfono a victor.barro@fotosconletra.com




De que tratará o OBRADOIRO DE INICIACIÓN A FOTOGRAFÍA DIXITAL?

O Obradoiro de iniciación a fotografía dixital propón todo isto no espazo de 15h de práctica fotográfica !! é un achegamento a fotografía, destinado a xente sen coñecementos previos ou moi básicos, con calquera tipo de equipo fotográfico pero con moita ilusión e ganas de aprender.


Entender conceptos como a apertura ou o tempo de exposición so é útil se con iso consigo mellorar as miñas imaxes. Facelas como as das revistas, como as dos blogs que me gusta consultar. Por iso a proposta é teoría e moita práctica. Con saídas e exercicios e a posibilidade de participar na comunidade, a través de internet, en grupos de fotógrafos dos que poder inspirarse e mellorar no futuro.

    Propóñote:

- Aprender e aplicar os conceptos básicos da fotografía. Da luz, da composición, para dominar a cámara e crear mellores imaxes, cautivadoras, cheas de mensaxe.
- Controlar o proceso: dende a fotografía, descarga, edición e uso da imaxen. Aprender a seleccionar, correxir e utilizar as túas fotos nas redes sociais ou no teu entorno.
- Crear un espazo de intercambio e mellora que perdure máis alá do obradoiro. A través das redes sociais e grupos de traballo.