Control total das túas fotos con Lightroom

A creación de imaxes reveladoras, impactantes e capaces de emocionarnos constrúense hoxe en día tanto na cámara como no laboratorio fotográfico do noso ordenador. 

Tanto é así que casi tan ampla é a capacidade creativa que se pode despregar no momento da toma fotográfica como no momento do revelado dixital. 

Adobe Lightroom é un programa profesional pensado para fotógrafos que che permite controlar todo o fluxo de traballo: Dende a descarga, o revelado e a organización das túas imaxes. 

Neste taller práctico propóñote perderlle o medo e aprender a utilizar algunhas das súas potentes posibilidade. Practicar con exemplos e proporte exercicios para de forma personalizada e dinámica conseguir manexar os elementos máis importantes do programa de Adobe con fluidez.
E todo, co bo ambiente que sempre creamos.

Será o 3, 5 e 10 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra

En horario de 18.30 a 21.30h.

Ten un custe de 35 € e podes inscribirte dende hoxe enviando o teu nome, mail e teléfono a victor.barro@fotosconletra.com