Se a montaña non ven a Mahoma ...

Onte presentamos en rolda de prensa, xunto co Consello Municipal dos Deportes un conxunto de actividades que teñen como intención achegar a cidadanía aos deportes de montaña e escalada.

No epicentro destas actividades, a EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "VÉRTIGO".

Imaxes da expedición de 3 montañeiros ao Dolomitas Italianos durante o verán de 2014 e que xa podedes ver dende hoxe a até o 23 de marzo no Pavillón dos Remedios de Ourense.

Faremos unha PRESENTACIÓN E CHARLA o xoves 12 de marzo na sede do Club Alpino Ourensán.

Ademáis, un "CURSO DE FOTOGRAFÍA DE MONTAÑA E NATUREZA" nos Ancares Leoneses durante o 21 e 22 de marzo.

Se precisas máis información sobre esta e outras actividades escríbeme a victor.barro@fotosconletra.com

Ou sígueas na web do Club Alpino Ourensan ou na miña páxina de Facebook.