Vente de ruta fotográfica !!

Queres mellorar as túas fotos de viaxes, de paisaxes, natureza ou do deporte que practicas? 
Gústanche as fotos de acción, cunha luz máxica ou que falen por si soas? 
Ainda te domina a túa cámara e queres sacarlle o máximo partido? 

O pasado luns presentouse o programa OCIO OURENSE. Fotografía, deportes de aventura, moita acción e diversión para a xente nova de entre 15 e 30 anos.

Coñece todas as actividades a apúntate a vir conmigo de ruta fotográfica.

FOTO EN RUTA
Apúntate a mellorar esas fotos que queres que fagan xustiza aos sitios que visitas nas túas viaxes, de verán ou de fin de semana. Coa túa familia ou amigos.

Propóñote practicar todas estas técnicas de fotografía durante tres sábados a través de saídas por Ourense, redescubrindo a cidade como se foras un turista acabado de chegar, e os seus arredores, a través de espazos naturais perfectos para as túas imaxes.

Non importa o teu nivel, trae a túa cámara e aprenderemos a sacarlle todo o partido.

Ademáis, acompañado por Víctor Barro, que é fotógrafo, viaxeiro, ecoloxista e montañeiro. Traballa para revistas e editoriais de viaxes, montaña e deportes de aventura, ademáis de ter máis de sete anos de experiencia dando cursos prácticos de fotografía. Apúntate!

--
Un programa da Concellería de Sanidade do Concello de Ourense