Mellores fotos fácil, dende "cero" !!

Será o mércores 11, venres 13 e 20, luns 23 e mércores 25 de Febreiro.
No Pazo da Cultura de Pontevedra.
En horario de 18.30 a 21.30h.

Ten un custe de 50 €

  INSCRÍBETE XA   enviando o teu nome, mail e teléfono a victor.barro@fotosconletra.com


  OBRADOIRO DE INICIACIÓN A FOTOGRAFÍA DIXITAL  
 
O Obradoiro de iniciación a fotografía dixital propón dominar a cámara en 15h de práctica fotográfica durante 5 sesións presenciais.

Trátase dun achegamento a fotografía, destinado a xente sen coñecementos previos ou moi básicos, con calquera tipo de equipo fotográfico pero con moita ilusión e ganas de aprender.

Entender conceptos como a apertura ou o tempo de exposición so é útil se con iso consigo mellorar as miñas imaxes. Facelas como as das revistas, como as dos blogs que me gusta consultar.

Por iso a proposta é teoría e moita práctica. Con saídas e exercicios e a posibilidade de participar na comunidade, a través de internet, en grupos de fotógrafos dos que poder inspirarse e mellorar no futuro.

    Propóñote:

- Aprender e aplicar os conceptos básicos da fotografía. A luz e a composición para crear mellores imaxes, cautivadoras e cheas de mensaxe.
- Entender a túa cámara e chegar a dominala dende 0.
- Controlar o proceso: dende a fotografía, descarga, edición e uso da imaxen. Aprender a seleccionar, correxir e utilizar as túas fotos nas redes sociais ou no teu entorno de forma sinxela.

E todo, co bo ambiente que sempre creamos.
Podes consultar a información xeral e o programa do OBRADOIRO DE INICIACIÓN aquí.

----
Coa colaboración do Pazo da Cultura de Pontevedra