Mellores fotos fácil, dende cero !!



O Outono Fotográfico 2014
trae un ano máis ao Campus de Ourense o curso de INICIACIÓN A FOTOGRAFÍA DIXITAL en Ourense.

  En que consiste ?  

O Obradoiro de iniciación a fotografía dixital propón dominar a cámara en 12h de práctica fotográfica !! é un achegamento a fotografía, destinado a xente sen coñecementos previos ou moi básicos, con calquera tipo de equipo fotográfico pero con moita ilusión e ganas de aprender.

Entender conceptos como a apertura ou o tempo de exposición so é útil se con iso consigo mellorar as miñas imaxes. Facelas como as das revistas, como as dos blogs que me gusta consultar. Por iso a proposta é teoría e moita práctica. Con saídas e exercicios e a posibilidade de participar na comunidade, a través de internet, en grupos de fotógrafos dos que poder inspirarse e mellorar no futuro.

    Propóñote:

- Aprender e aplicar os conceptos básicos da fotografía. Da luz, da composición, para dominar a cámara e crear mellores imaxes, cautivadoras, cheas de mensaxe.
- Controlar o proceso: dende a fotografía, descarga, edición e uso da imaxen. Aprender a seleccionar, correxir e utilizar as túas fotos nas redes sociais ou no teu entorno.
- Crear un espazo de intercambio e mellora que perdure máis alá do obradoiro. A través das redes sociais e grupos de traballo.

E todo, co bo ambiente que sempre creamos.
Podes consultar a información xeral e o programa do OBRADOIRO DE INICIACIÓN aquí.


  OBRADOIRO DE INICIACIÓN A FOTOGRAFÍA DIXITAL  

Será o 2, 4, 9, 11 e 16 de decembro de 2014 no pavillón 1 da Universidade de Vigo, no campus de Ourense. En horario de 18.00 a 21.00h.

Ten un custe de 50 € e   podes inscribirte dende hoxe   enviando o teu nome, mail e teléfono a victor.barro@fotosconletra.com

----
Esta actividade organízase no marco da 32 edición do Outono Fotográfico e coa colaboración da Universidade de Vigo e da vicerectoría do campus de Ourense.