Cursos de foto en Santiago para o mes de novembro


O Outono Fotográfico 2014
trae este ano a COMPOSTELA 3 cursos de fotografía en Novembro: dous de iniciación e un de retoque fotográfico.

OBRADOIRO DE INICIACIÓN A FOTOGRAFÍA DIXITAL

En dous horarios distintos, para non ter excusa. 

Será os venres de novembro, días 7-14-21 e 28 de 2014
Son 12h e faremos dous grupos para que poidas elixir a hora que che veña ben:

En horario de tarde de 17 a 20h
En horario de mañá de 10.30 a 13.30h

No Centro Sociocultural de Pontepedriña (Rúa Amor Ruibal 26 baixo)
Prezo: 35 €

RETOQUE FOTOGRÁFICO CON LIGHTROOM

Será de 10h en horario de fin de semana.
Os sábados, o 8 e 15 de novembro en horario de 9 a 14h

No centro Sociocultural de Conxo (Praza Aurelio Aguirre n. 1)

Prezo: 35 €

Podes consultar a información xeral e o programa do CURSO DE RETOQUE FOTOGRÁFICO aquí.

E o programa do OBRADOIRO DE INICIACIÓN aquí.

Para INSCRIBIRTE non tes máis que enviarme un mail, co teu nome completo e o teléfono a victor.barro@fotosconletra.com




De que tratará o OBRADOIRO DE INICIACIÓN A FOTOGRAFÍA DIXITAL?

O Obradoiro de iniciación a fotografía dixital propón todo isto no espazo de 15h de práctica fotográfica !! é un achegamento a fotografía, destinado a xente sen coñecementos previos ou moi básicos, con calquera tipo de equipo fotográfico pero con moita ilusión e ganas de aprender.

Entender conceptos como a apertura ou o tempo de exposición so é útil se con iso consigo mellorar as miñas imaxes. Facelas como as das revistas, como as dos blogs que me gusta consultar. Por iso a proposta é teoría e moita práctica. Con saídas e exercicios e a posibilidade de participar na comunidade, a través de internet, en grupos de fotógrafos dos que poder inspirarse e mellorar no futuro.

    Propóñote:

- Aprender e aplicar os conceptos básicos da fotografía. Da luz, da composición, para dominar a cámara e crear mellores imaxes, cautivadoras, cheas de mensaxe.
- Controlar o proceso: dende a fotografía, descarga, edición e uso da imaxen. Aprender a seleccionar, correxir e utilizar as túas fotos nas redes sociais ou no teu entorno.
- Crear un espazo de intercambio e mellora que perdure máis alá do obradoiro. A través das redes sociais e grupos de traballo.

Cómo vai ser o de RETOQUE FOTOGRÁFICO CON LIGHTROOM?

A creación de imaxes reveladoras, impactantes e capaces de emocionarnos constrúense hoxe en día tanto na cámara como no laboratorio fotográfico do noso ordenador. Tanto é así que hoxe en día, casi tan ampla é a capacidade creativa que se pode despregar no momento da toma fotográfica como no momento do revelado e retoque de esa imaxe.

Dito isto, neste curso propóñote aprender a utilizar o programa máis de moda. Practicar con exemplos e proporte exercicios para de forma personalizada e dinámica conseguir manexar os elementos esenciais do programa de Adobe con fluidez e satisfacer a meirande parte de necesidades de retoque e mellora das túas fotografías.

Nota: No centro Sociocultural de Conxo contan con ordenadores para aquelas persoas que non dispoñan do seu propio. Pero é preferible se cada alumna-o trae o seu ordenador e unha versión instalada de Lightroom (A última versión de Lightroom é a 5.0 e pódese descargar a versión de proba na web de "Adobe").