Xa teño de novo datas e horarios para o obradoiro de FOTOGRAFÍA CREATIVA de ABRIL
PONTEVEDRA
Luns e mércores: 21, 23, 28 e 30 de abril de 18.30 a 21.30h no Pazo da cultura
Prezo: 45 €
O Obradoiro de foto creativa quere dar continuidade aos contidos do de "iniciación". Centrándonos na composición, na forza e a mensaxe das fotografías e traballando de forma temática os "retratos", a fotografía "ubana e de viaxes", a de "longa exposición" e "deportiva" e tamén a de "still life"... para aprender a fotografiar esos detalles da vida cotiá.
Propóñote espertar o fotógrafo que temos dentro de cada un de nós, mobilizar a túa creatividade para mellorar as túas fotografías e enchelas de dinamismo e emocions.
Poremos en práctica regras e técnicas específicas de fotografía, plantexándo retos e exercicios entre cada sesión e compartindoo todo co grupo durante as sesións e nun espazo on-line.
Todo durante 12h, 4 sesións presenciais de 3 horas en grupos reducidos. (máx. 15 persoas)
"Co bo ambiente de todos os meus cursos"
Mellora as túas fotos urbanas, fai retratos íntimos e síntete a gusto co trípode facendo panorámicas ou creando imaxes de longa exposición. Fotografía as tuas manualidades, o que cociñas ou o deporte que practicas...
APÚNTATE XA !!
--
Mira o que pensan os que xa fixeron o obradorio:
http://www.fotosconletra.com/web/formacion.php
O programa completo neste enlace.
Para INSCRIBIRTE so tes que enviarme un mail co teu nombre completo e teléfono a victor.barro@fotosconletra.com
Información e dúbidas extra, chámame ao +34.659655734
--
Coa colaboración do Pazo da Cultura