Pérdelle o medo ao retoque fotográfico !!

Xa deu comezo a pasada semana o programa de Noites Aberta 2014 que como cada ano organiza a concellería de xuventude do concello de Pontevedra como proposta de ocio nocturno durante a fin de semana.

A miña participación comeza este sábado na aula de informática da "Casa Azul" cun Obradoiro de Retoque Fotográfico. Que será de 20 a 23h.
A miña intención e que lle perdas o medo a algúns programas que se utilizan para a edición e o retoque fotográfico como o Lightroom e o Photoshop. 
Quero que coñezas os programas e a súa dinámica. 
Utilizarémos as ferramentas máis habituais que resolverán o 90% dos retos máis frecuentes.

Así que: se es un auténtico crack do photoshop, non creo que este sexa o teu taller. Pero se pola contra, tes interés e non sabes moito ou nada sobre o tema, queres divertirte e mellorar as túas fotos e perderlle o medo a estes progamiñas: ... entón vémonos o sábado ; )

Non tendes que ter coñecementos previos nin traer nada, so as vosas ganas de aprender e a mente aberta para crear "grandes imaxes".

Lembrade que en todas as actividades de Noites Abertas a prioridade é para persoas menores de 30 anos.