Donde la montaña nos hace libres

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
Pavillón dos Remedios de Ourense.
Do 14 de febreiro ao 14 de marzo.

Video

Inauguramos en Ourense a mostra "DONDE LA MONTAÑA NOS HACE LIBRES", unha reportaxe fotográfica sobre a expdición de 3 alpinistas galegos ao macizo de Ecrins, nos Alpes franceses.

Fotografías e frases que teñen no seu espíritu espertar entre nos paixón pola montaña, pola natureza, polos amigos, por voltar a casa enteiros, polas grandes paredes, polos retos, polo imposible para cada un de nos.

Achegar a xente o mundo da montaña e da escalada, como unha provocación, unha invitación ao reto de ser libres.

Agradecemento especial a Alfonso e a Ernesto pola sua amizade e paciencia.

Agradecer o apoio tamén do Club Alpino Ourensán, do Consello Municipal dos Deportes de Ourense e do K2 Ourense.