Alpinismo e escalada no macizo do Mont Blanc

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
A partir do 25 de xuño de 2013 na tenda de montaña e outdoor K2 en Ourense.

Este é un traballo de divulgación que pretende achegar ao público os deportes de aventura na natureza, convidando a galegos e galegas a practicalos e achegando o espírito de superación e compañeirismo que os envolve.

Este traballo realizouse na expedición aos Alpes franceses levada a cabo por 3 escaladores Galegos durante o verán de 2012: Ernesto Fernández, Lucas Rodríguez e Víctor Barro.

Quere ser un percorrido por algunhas das actividades de escalada, clásica e deportiva, así como de alpinismo máis senlleiras. Dende a ascensión ao "Grand Capucin" pola vía dos Suízos ou a arista de "Cosmiques" até a escalada deportiva nas "Aiguilles Rouges" ou a vía ferrata do "Plateau d'Assy", todas elas situadas nun espazo único e incomparable no mundo: O Macizo do Mont Blanc.

Este proxecto foi posible gracias ao empuxe e apoio do Club Alpino Manzaneda, da Federacion Galega de Montañismo e ao patrocinio do Concello de Ourense.

Contacta cos autores a través do correo electrónico: victor.barro@fotosconletra.com

Máis información sobre o proxecto:
www.fotosconletra.com
fotosconletra.blogspot.com
nomadasdelailusion.wordpress.com

Video de la exposición en Vimeo: AQUÍ
Galería de imáxenes en la Web: AQUÍ








K2 Ourense está na Rúa Cardenal Quevedo 4, e podedes vela en horario de 10 a 13.30h e de 16.30 a 18.30h.

A exposición estará até setembro de 2013 na tenda.