A educación polo chan

Alumnas e alumnos intercambian libros de texto uns días antes de que comezan as clases no centro de Split, no palacio de Diocleciano.

Hoxe que educación está en folga en Galicia por recortes e axustes estruturais compre recuperar a imaxinación para combater a ignorancia. Atrévome a dicir que a educación universal, gratuita e de calidade é a maior das conquistas ilustradas do último século, xunto coa sanidade pública, a paz, as pensións, o sufraxio universal, os dereitos civís... e un longo etc. de conquistas que se acadaron como fan estes nenos e nenas nunha pequena e alonxada vila europea: na rúa, no chán, sendo creativos, estando xuntas, construindo alternativas, ... , na rúa, no chan ! Hoxe !