Exposición na Casa da Xuventude de Vigo

Mostra de fotos e textos de viaxes.  Unha escolma de 24 fotografías e relatos que sen ser pensados para ese fin agora se atopan contra a parede, colgados. Sen outra pretensión que invitar a reflexións, se cadra transmitir sentimentos ou mesmo provocar algún cambio, FOTOSconLETRA é unha modesta pero comprometida mostra cos problemas sociais en distintas partes do mundo. Pero tamén de vivencias durante algunha intensa viaxe. 

Agardo a disfrutes.
Está exposta na CASA DA XUVENTUDE DE VIGO

Do 18 de abril ao 6 de maio na Casa da Xuventude de Vigo

Rua López Mora 31, Vigo.
No 1º andar.

En horario de 8:00 a 15:00h e de 16:30 a 20:30h.
Programa de exposicións da Casa da Xuventude