Obradoiro de Fotografía Creativa e Edición

Hai uns cinco anos anos, comecei a darlle voltas a todo o material fotográfico que tiña na casa e co que me ia facendo en algunas viaxes e aventuras. Unha amiga especialmente motivoume para converter todo aquilo que era unha paixón en algo máis. Ordenalo e compartilo con outra xente.

Agora estou aquí escribindo neste blog sobre un "taller" de INICIACIÓN A FOTOGRAFÍA CREATIVA E EDICIÓN FOTOGRÁFICA nos que quero que participes, porque se trata de aprender xuntos e mellorar como fotógrafos e como creadores de mensaxes.

“O Obradoiro” fotográfico é un espacio formativo e creativo que ten como obxectivo espertar o fotógrafo que temos dentro de cada un de nos, de mobilizar a nosa creatividade e mellorar as nosas fotos. Pretende ser un espacio no que cada quen “re-aprenda a mirar” con ollo fotográfico a cidade na que vive, os paisaxes que visita, as persoas que queremos ou as que nos rodean. “O Obradoiro” fotográfico é unha proposta de aprendizaxe que fala de foto, de crear imaxes, de participar e de ser crítico. De ser criticado e de compartir, de rir e de divertirse apretando o botoncito.

O "taller" é para xente que sabe pouco de foto pero que ten moito interés... pero tamén para os que non teñen nin idea e queren sacarlle partido a cámara e creo que tamén satisfará aos que xa sabén e queren mellorar. Non importa se tes unha reflex ou unha compacta, so ter ganas de aprender e ser mellor captando eses pequenos momentos máxicos:

Dominar a cámara, fomentar a creatividade e crear un grupo de xente "namorada" da fotografía son os obxectivos que me propoño, outra vez... a ver se o conseguimos !!


O'obradoiro ten unha parte presencial de entre 15 e 20h e moitas máis on-line e de traballo persoal... Propóñovos APRENDER XUNTOS, mellorar os nosos retratos, a fotografía urbana e de paisaxe, facer bodegóns (still life) e algunhas sorpresas: fotografiar os pequenos detalles, a xente que queremos, a cidade a que viaxamos.

Como sabedes, unha das cousas máis importantes do Obradoiro e disfrutar aprendendo a sacarlle todo o partido a cámara, sexa cal sexa, e a sacar toda creatividade que temos dentro.
Creo que crear un bo grupo de xente que se aprecia e que ten ganas de aprender é básico...

Na parte de edición traballaremos en principio co Picasa, ainda que incluirei algunha cousa de revelado dixital con formatos RAW se a xente ten cámaras reflex e tamén pequenos trucos que nos poden axudar na posproducción das nosas fotos.

Se queres máis información detallada sobre os contidos e metodoloxía, non dubides en poñerte en contacto conmigo no correo electrónico:

fotosconletra@gmail.com 

FOTOS DA XENTE QUE XA FIXO O'OBRADOIRO

Outono Fotográfico - Outubro 2010