Este verán volven os FotoROTEIROS por Pontevedra





Un ano máis PONTEVERÁN  propón infinidade de actividades culturais e de ocio para xente nova.
Entre elas, propóñote disfrutar do entorno "rururbano" e natural da capital pontevedresa.

Unha actividade de ocio pero tamén formativa, para mellorar as túas fotos, practicas novas técnicas e retar a túa creatividade.

Conxugaremos a formación fotográfica, educación ambiental e recoñecemento do medio natural e urbano. 4 rutas diferentes a través das cales visitaremos o contorno de Pontevedra, co fin de coñecer o seu valor natural e aprender a inmortalizalo coas nosas fotografías.

Rutas: Sendeiro do río Lérez  e Gafos, Ponte, de ponte a ponte (Percorrido urbano) e Parque botánico e arboreto de Lourizán

IDADES: 14-35 anos
DATAS: 19, 20, 26 e 27 xullo
HORARIO: 9-14h.
PRAZAS: 10
COTA: 10€

INSCRICIÓN ata 18 de xullo Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.