Taller para "coñecerme" a través da fotografía

Taller fotográfico destinado a favorecer o autocoñecemento e desenvolvemento persoal a través do autorretrato coa finalidade de favorecer a creación dun espazo de expresión persoal mediante a linguaxe artística. 

Mediante unha metodoloxía de traballo participativa e creativa introducir ós participantes na evolución histórica deste xénero, uso e representantes principais, técnica específica así como as diferentes implicacións e cambio a nivel social no seu proceso de  democratización actual, buscando en todo momento o fomento da autocrítica. 

Para isto, combinarase o traballo de aspectos técnicos e teóricos co desenvolvemento de dinámicas individuais e colectivas, como debates e exercicios prácticos destinados a sacar o mellor de cada participante. 

Será os martes e xoves de juño: 7, 9, 14, 16 e 21 no Centro Cultural Marcos Valcarcel de Ourense. 

Información e incrición enviando nome, mail e teléfono a victor.barro@fotosconletra.com