Non todo é xamón

"Non todo é xamón" é unha viáxe fotográfica polos encantos do Concello Da Cañiza. Un percorrido pola etnografía, a beleza natural, a paisaxe e a cultura. Dende os altos da Paradanta até os piornos de Petán. Dende a romería da virxe da Franqueira até os muiños a beira do Calvo e do Deva.

Froito do traballo colectivo desenvolto polas persoas que participaron na segunda edición do curso de iniciación a fotografía organizada polo Concello da Cañiza e pensado para ser expostas durante a exaltación ao “xamón” nas tradicionais festas da vila.
 
AUTORAS E AUTORES
Mandy Regueiro
Jose Antonio Martínez
Alejandro Pintelos
Delmiro Fernández
Eva Puza
Noelia Rodríguez
Alfonso Gómez Viso
Eva Rodríguez

COORDINACIÓN E PRODUCCIÓN
Víctor Barro

Estas imaxes corresponden a exposición durante a festa do Xamón, pero poderedes ver a mostra nos edificios públicos do concello onde quedará de forma permanente a partires de setembro.
Coa colaboración e o apoio do concello Da Cañiza