Chega o OUTONO FOTOGRÁFICO cun curso de Lightroom en Ourense

A creación de imaxes reveladoras, impactantes e capaces de emocionarnos constrúense hoxe en día tanto na cámara como no laboratorio fotográfico do noso ordenador. Tanto é así que casi tan ampla é a capacidade creativa que se pode despregar no momento da toma fotográfica como no momento do revelado e retoque de esa imaxe.

Neste curso propóñote aprender a utilizar Adobe Lightroom. Practicar con exemplos e proporte exercicios para de forma personalizada e dinámica conseguir manexar os elementos esenciais do programa de Adobe con fluidez.
E todo, co bo ambiente que sempre creamos.

Será o 28, 29 e 30 de outubro de 2014 no pavillón 1 da Universidade de Vigo, no campus de Ourense. En horario de 19.00 a 22.00h.

Ten un custe de 35 € e podes inscribirte dende hoxe enviando o teu nome, mail e teléfono a victor.barro@fotosconletra.com

----
Esta actividade organízase no marco da 32 edición do Outono Fotográfico e coa colaboración da Universidade de Vigo e da vicerectoría do campus de Ourense.