Fotoroteiros de verán en Pontevedra

Natureza, educación ambiental e FOTOGRAFÍA

Xunto co concello de Pontevedra, no marco do programa de xuventude para este verán "Ponteverán" invítoche a vir a camiñar conmigo e a sacar fotos xuntos

Conxugaremos a formación fotográfica, educación ambiental e recoñecemento do medio natural e urbano. 4 rutas diferentes a través das cales visitaremos o contorno de Pontevedra, co fin de coñecer o seu valor natural e aprender a inmortalizalo coas nosas fotografías.

Rutas: Lérez - Gafos - Pontes, urbanas - Lourizán
IDADES: 14-35 anos
DATAS: 19, 20, 26 e 27 xullo
HORARIO: 9-14h.
PRAZAS: 10
COTA: 10€

INSCRICIÓN ata 18 de xullo Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu en horario de luns a venres de 9 a 14h.