Controla a túa cámara dunha vez por todas?

OBRADOIRO DE INICIACIÓN A FOTOGRAFÍA DIXITAL EN PONTEVEDRA

EDICIÓN DE FIN DE SEMANA

Propóñote aprender e aplicar os conceptos básicos da fotografía: Da luz e da composición, para dominar a cámara e crear mellores imaxes, cautivadoras, cheas de mensaxe, de forma sinxela e partindo de cero.

Quero tamén que sexas capaz de controlar o proceso completo: dende a fotografía, o retoque, a edición e o uso da imaxen. Aprender a seleccionar, corrixir e utilizar as túas fotos para as redes sociais.

PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

( Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra )
 

Sábado 25 de xaneiro e sábado 1 e 8 de febreiro de 2014
En horario de 9:00 a 13:30 horas
Prezo: 50 € 


Podes consultar a información xeral e o programa do OBRADOIRO DE INICIACIÓN aquí.
Para INSCRIBIRTE non tes máis que enviarme un mail, co teu nome completo e o teléfono a victor.barro@fotosconletra.com

Calquera información ou dúbida que queiras saber, escríbeme.