Donde la montaña nos hace libres

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

Esta non é máis que unha historia de montaña e de montañeiros. No escenario prestado do parque nacional francés de "Ecrins", un verán como calquera outro. Alí escalamos e acadamos algunhas das cimas máis senlleiras coa intención de achegar a poboación os valores de compañerismo, superación e solidariedade que envolven a montaña.

Unha historia tamén se cadra de ecoloxía e de reivindicación, unha experiencia na procura de respostas as preguntas de sempre:

Porqué o frio ou a fame ? Porqué soportar o cansancio ? Para qué subir alí arriba ? Somos se cadra soamente coleccionistas de cimas ? Porqué asumir os riscos de pendurarse dun fio no valeiro ? Que hai nas crestas e nas cimas nas que buscamos o límite ?


PRESENTACIÓN AUDIOVISUAL E ENCONTRO
Aberto e gratuito.

Participarán os alpinistas:
Ernesto Fernandez, Alfonso Gonzalez e Víctor Barro

Presentación audiovisual da experiencia e das actividades:
Ascensión a Barre des Ecrins e Râteau Sud.
Escalada na Agulla Dibona ou no Glaciar Negro.

Centro Sociocultural de Fontiñas
(Rua Berlín 13, Santiago - Xunto aos xulgados e a Area Central)
Mércores 18 de decembro de 2013
20.30h