Foto roteiros culturais de outono

ARQUITECTURA POPULAR NO CAMIÑO NATURAL DA RIBEIRA SACRA
 
Domingo 27 de outubro

Propoñémoste percorrer, cámara en man, os entornos naturais mellor conservados e a arquitectura popular no Camiño Natural da Ribeira Sacra, realizando tamén unha visita guiada aos muíños do río Grañal. Descubriremos a fotografía de paisaxe, capturaremos as mellores imaxes da arquitectura popular e aprenderemos a aplicar as reglas de composición e iluminación máis importantes, tamén cando caia a noite.

Traete cámara e trípode se tes, o desprazamento, visitas patrimoniais guiadas e formación fotográfica vai da nosa conta.

--
Saimos as 8 da mañán e chegamos entrada xa a noite dende o centro de Ourense.

40 €/persoa
Grupos moi reducidos (6-10 persoas)

INCRÍBETE e INFÓRMATE en: victor.barro@fotosconletra.com o en info@ambulare.es


Foto-roteiros culturais ?

Os roteiros patrimoniais son unha actividade fotográfica que pretende achegar aos participantes elementos senlleiros do noso patrimonio natural e cultural. Aprender a valoralos a través do descubrimento, o coñecemento e a interpretación. Todo isto a través do visor dunha cámara fotográfica e da man de profesionais do patrimonio cultural e natural. 
 

Entendemos a conservación da natureza e da cultura tradicional na Ribeira Sacra como algo integral que é preciso poñer en valor a través do seu coñecemento profundo, ao paso do camiñante e retratando os valores únicos desta terra grazas a fotografía. 
 

O Outono Fotográfico supón un marco ideal para promover actividades duais fotográfico - culturais na zona da Ribeira Sacra, que permitan achegar á poboación galega interesada pola fotografía unha forma orixinal e única de aprender e descubrir o noso rico patrimonio natural e cultural.


Organizan: