Obradoiro de Iniciación en Pontevedra



Por primeira vez en Pontevedra organizo o Obradoiro de Iniciación a Fotografía Dixital. 

Trátase dunha curso para xente que quere comezar na fotografía "dende o principio" ; ). Se queres sacarlle o máximo partido ao teu equipo e que queres mellorar as súas imaxes de forma sinxela ou tamén se es das que están iniciándose na edición e o retoque fotográfico, esto interesache, apúntate !!

Serán 5 sesións de 3 horas. Como o Obradoiro de Foto Creativa. En días alternos, para ter tempo de practicar e facer os exercios que vos proporei.

CO BO AMBIENTE DE TODOS OS MEUS CURSOS, practicaremos moito, divertirémonos moito máis ainda !!

Será no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 6, 10, 17, 21 e 26 de xuño de 2013 en horario de 18.30 a 21.30h.

Podes consultar a información e o programa do OBRADOIRO DE INICIACIÓN aquí.

Para INSCRIBIRTE non tes máis que enviarme un mail, co teu nome completo e o teléfono a victor.barro@fotosconletra.com

Calquera información ou dúbida que queiras saber, escríbeme.

Precio completo del curso: 50 €