NOVA ACTIVIDADE :: Curso de iniciación

Presentarvos unha nova actividade complementaria ao Obradoiro de fotografía creativa.

Trátase dunha proposta de INICIACIÓN A FOTOGRAFÍA DIXITAL para quen se quere centrar no dominio da cámara e dos elementos básicos de composición antes de ir máis alá.

Como sempre propóñovos saídas prácticas, exercicios e moitos exemplos. E por suposto o bo ambiente que sempre xeramos nos obradoiros.

Será en Vigo, os mércores de 17 a 20h a partir do 8 de maio e até o 5 de xuño na Asociación Veciñal Doutor Fleming (Rúa Zamora, 80). E terá unha duración total de 15h en 5 sesións presenciais.

Comenzaremos dende cero, pero buscamos dominar a cámara, así que imos traballar de forma temática: "retratos, fotografía urbana ou paisaxes", mellorar a composición e cultivar o ollo fotográfico e ademáis deixaremos un espacio para a edición e o retoque fotográfico.

Non vos deixedes enganar pola cámara reflex do cartel xa que é un curso de iniciación e todo tipo de cámaras son benvidas. Tanto se comezas dende cero como se xa sabes algo estou seguro que lle vas a sacar partido.
Se coñeces alguén que queiras enganchar a fotografía, invitao a que se veña tamén !!

Inscríbete escribindo ou chamando a asociación veciñal a "asociacionfleming@gmail.com" ou no 986484456.

Tamén directamente enviandome un correo electrónico a "victor.barro@fotosconletra.com", como ya moitas-os sabedes ; )

----
O custe é de 45 € para as socias da asociación e 50 para as non socias.