Actividades fotográficas para a xuventude en Noites Abertas 2013


Iniciación ao retoque fotográfico o venres día 1 de marzo (link)
Queres aprender a correxir pequenos defectos ou manchas nas túas imaxes? Modificar a cor ou dar máis contraste e nitidez? Eliminar o ruido e crear unha marca propia de fotógrafo aficionado? Trucos, consellos e recomendacións para iniciarse con programas de edición e retoque como Picasa e Photoshop.
Todo isto e moito máis. 

Crea o teu blog fotográfico o venres día 8 de marzo (link)
Os blogs e redes sociais son hoxe a principal ferramenta de comunicación e entretenemento. Unha ventá ao mundo no que expoñer as nosas inquedanzas, imaxes e forma de ver as cousas. A fotografía etopa así en internet un espazo de expresión emocionante.
Crearemos un blog fotográfico con "blogspot", vinculando outros blogs e páxinas amigas, en"red"alo con Facebook ou Twitter e prepararemos os textos e as fotos para crear as entradas ao noso gusto. 

Casa Azul de Pontevedra de 21 a 00h.
Inscríbete na Casa Azul.

------
Toda a programación de NOITES ABERTAS 2013
APP para estar ao día de tooodo o que pasa en NOITES