Fotografía Nocturna en Noites Abertas !!


Os venres e sábados 13-14 e 20-21 de abril organizamos no marco das actividades de Noites Abertas, obradoiros de fotografía de longa exposición. Traballaremos fotografía Urbana Nocturna (13-14) e Lightpainting (20-21).

A actividade está orientada a xente nova e desenvolverase na Casa Azul de Pontevedra entre as 21 e 24h os catro días.

Non é unha actividade continua senon que son sesións independentes, estades invitadas-os a participar nesta e no resto da programación da concellería de xuventude do Concello de Pontevedra.

Todo o programa de Noites Abertas aquí: http://www.noitesabertas.com/programa.html


*Precísase cámara fotográfica dixital con axustes manuais do tempo de exposición.