QUEDADA FOTOGRÁFICA :: Vindeiro domingo 5 de febreiro 2012 :: Xinzo da Limia
Propóñovos neste novo "post" unha quedada fotográfica coa excusa dunha das grandes festas que temos no país. O entroido ten comezado en Xinzo e en moitas outra vilas de Ourense e vos propoño achegarnos a un dos domingos de Xinzo da Limia, o "domingo oleiro". Será o vindeiro domingo 5 de setembro.
Aquí tendes o programa do entroido de Xinzo e de ese día en particular.
PROGRAMA
Vos propoño quedar as 14h na praza maior de Xinzo e ir a comer en algún dos locais da vila. Despois, ir seguindo o programa (comezamos as 16.30h).
Deixovos un mail para os que vos animedes pero vaiades a chegar tarde ou cousas do estilo: fotosconletra@gmail.com
Tamén abrimos un debate no GRUPO DE FLICKR para coordinarnos:
AQUÍ
Nin que decir ten que esta actividade é pública e gratuita... aberta a todo o mundo que lle guste a fotografía... animádevos a participar.